Engadir novo comentario

Mercadiño troco e cesión

Imaxe: 

Xornada de troco e cesión no Morrazo

Lugar: No palco da alameda vella de Cangas do Morrazo, fronte o mercado
Data: Sábado 6 de Agosto do 2011 dende as 11:00 ata as 20:00

Ver Mercadiño de troco e cesión nun mapa máis grande;

Durante toda a xornada, o mercadillo está para uso e desfrute de todas e todos aqueles que teñan cousas na casa que xa non empregan e estean interesados en trocar ou cedelos por outras cousas ás que lle poidan sacar partido.

Estas xornadas realízanse co afán de optimizar os recursos dos veciños do Morrazo. Debido á sociedade de consumo na que vivimos, moitas e moitos de nós rematamos con acopio de bens que xa non usamos. Este mercadiño vai enfocado a sacarlle partido a eses bens, sendo reutilizados por outra xente. Deste xeito, axúdase á economía de aquelas e aqueles que realicen o troco ou cesión e ó tempo fomentamos a reutilización, que é un dos pilares do ecoloxismo.

O funcioamente sería, por exemplo, traes uns libros, roupa ou verduras e trocas os libros por outros que aínda non liches, a roupa por uns cds de música e as verduras por uns zapatos.

Ideas de intercambios:

  • Plantas , hortalizas , sementes , froitas , flores ...
  • Alimentos da casa como pan , licores , tortas , ovos ...

Ó final da xornada, a roupa que non foi trocada e que os donos non queran recuperar, será doada a organizacións que a empreguen para axudar ós máis necesitados.

Animamos á participación cidadá a esta xornada aberta a todas e todos.

 

Unha forte aperta dende a asociación As Furnas.

 

Atentamente, secretario do colectivo As Furnas, Estevo Paz Freire, DNI 78.738.187-X, tlf.: 664 746 528 (estevo@araosl.com).

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.