Engadir novo comentario

The Bellrays e Sex Museum súmanse ao cartel de Morrasound Rock Fest

Cartaz do evento

O evento desenvolverase en Moaña os día 3 e 4 de xuño.
A primeira edición do Morrasound Rock Fest xa ten o cartel pechado para unha cita que se desenvolverá en Moaña o 3 e 4 de xuño. A Asociación Fontenla anunción dúas grandes incorporacións para o festival, como son The Bellrays e Sex Museum. A primeira delas formouse en 1990 en Riverside, California a través da cantante Lisa Kekaula e o guitarrista Bob Venuum. Nun principio, en dúo apoiábase no son R&B unido co jazz. Coa chegada de Tony Fate á guitarra o son do grupo foi mesturando a voz soul de Kekaula cun fondo punk rock.

A outra das grandes incorporacións é Sex Museum, que estarán no Morrasound Rock Fest celebrando o seu 30 aniversario. A banda comezou en 1985 coa metade dos membros sendo menores de idade e entregándose a un son de garaxe de actitude salvaxe. Con 13 discos, ducias de xiras por Europa e miles de concertos, Sex Museum está considerada como unha das bandas pioneiras da escena garaxe e independente que se reiventa con cada novo traballo. Para celebrar os seus 30 anos de música, a banda anunciou unha xira de repaso a todos os seus discos, a estrea dun documental e un disco novo.
Desta maneira, o cartel do Morrasound Rock Fest quedará formado por: The Bellrays, Sex Museum, Quaoar, Sexy Zebras, The Dirty Coal Train, Caramuxo Vermello, Thee Blind Crows, Xouvinha Experience, Wach Mckánijan & The Outsiders, Renegados, Breakin”Bones, Los Pontiaks, The Pretty Shirts e Polisong.
Á música haberá que sumar os shows de Moitomorro Teatro, Peter Punk e Rodrigo Cuevas e a participación de rides de BMX de talla internacional así como exhibicións de snowboard e skate para converter o evento nun encontro pluridisciplinar no que xente de todas as idades poidan compartir experiencias durante un fin de semana. Os primeiros abonos de dous días xa están á venda a un prezo de 14 euros en varios establecementos da provincia e a través de ticketea. Ademais, as persoas interesadas poderán obter máis información en morrasound.com.
Fonte.//Morrazoaldía

 

Etiquetas: 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.