O ollo clínico do FIC Bueu para os Óscar

Cartaz do evento

 

O ollo clínico do FIC Bueu para os Óscar
A alemá "Todo irá ben", entre as cinco nomeadas ao mellor cortometraXe

A nena Julia Pointner como Lea en "Todo irá ben", coa que gañou o premio á mellor actriz en Bueu.
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FIC Bueu) consolídase como un bo referente para saber por onde irán os gustos da Academia de Hollywood á hora de seleccionar os curtos que aspirarán ao Óscar. Por segundo ano consecutivo unha das cintas exhibidas e premiadas no certamen buenense está na terna de cinco candidatas á estatuilla máis desexada no mundo do cine, que se decidirá o 28 de febreiro.
O público asistente ao Festival Internacional de Curtametrxes de Bueu (FIC Bueu) e a súa organización volveron a demostrar un gran ollo clínico. A cinta coa que se abriu a oitava edición do festival, a alemá "Alles wird gut" ["Todo irá ben"], é unha das cinco producións que aspira a levarse o Óscar ao mellor curto na próxima gala dos premios de Hollywood. Este cortometraje foi o máis votado polo público na xornada inaugural do FIC 2015 e ademais recibiu un dos premios finais do festival: o galardón á mellor actriz, que foi para pícara Julia Pointner, que deste xeito se convertía na segunda menor de idade que conseguía este recoñecemento no FIC.
"Todo irá ben" está dirixida por Patrick Vollrath e reflicte a historia dun pai divorciado que acode a recoller á súa filla de oito anos (Lea/Julia Pointner) para pasar o fin de semana. Con todo, a pequena decátase de que a viaxe co seu pai non será só para ese fin de semana, senón que se irán moito máis lonxe. O cortometraje xa acumula numerosos premios e recoñecementos nos máis de seis meses de proxeccións en distintos festivales por todo o mundo. O próximo día 28 de febreiro ten quizais a súa cita máis importante no Teatro Kodak de Hollywood, onde competirá con "Ave María", "Day one", "Shock" e "Stutterer" polo Óscar ao mellor curto na edición numero 88 dos premios máis importantes dentro da industria do cine.
Non é a primeira vez que o FIC Bueu serve para adiantar por onde van os gustos da Academia de Hollywood. A cinta ganadora da edición de 2014 foi a produción francesa "A lampe au berre de Iac" ["A lámpada de mantequilla de Iac"], que tamén estivo na lista de cinco aspirantes á estatuilla baixo o título de "Butter lamp". Antes, no festival de 2012 proxectouse o cortometraje español "Aquel non era eu", de Esteban Crespo, que gañou só un diploma polo mellor son. A Academia sorprendeu uns meses máis tarde ao incluílo entre os finalistas.
O FIC Bueu non descansa e a próxima semana abrirase xa o prazo para cineastas de todo o mundo poidan empezar a enviar os seus cortometrajes, segundo avanzan desde a dirección. Este ano o prazo para a presentación de cintas estará aberto ata o 15 de abril e a intención da organización é dar a coñecer a mediados do mes de xuño a relación da que competirán finalmente na sección oficial, que habitualmente está composta por unha treintena de producións.Fonte Faro de Vigo

 

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.