Projecto Nú Novos alicerces para crear un novo son en torno á música de raíz.

Cartaz do evento

Brais González, Blas Castañer e Nelson Quinteiro únense en "Projecto Nú", unha nova banda que tomará o relevo á proposta "Orquesta Gharbo!" do cangués e que fará a súa presentación absoluta no Auditorio Municipal de Cangas o vindeiro 20 de febreiro nun concerto no que non faltarán os/as artistas convidados/as

Dende que se coñeceron na gala de entrega de premios do III Festival Primavera de Cine en Vigo, os compoñentes do Trío Caspervek (Brais González, Blas Castañer e Eduards Vecbasticks) seguiron moi de preto a Nelson Quinteiro ata integrarse definitivamente entre os músicos dos directos do disco "Orquesta Gharbo!" que o cangués deu en ofrecer ao longo de diferentes puntos da xeografía galega.

Agora, de cara o 2016, dous dos músicos, o pianista Brais González e o percusionista Blas Castañer, man a man co propio Quinteiro únense en "Projecto Nú", unha banda que ofrece un particular xeito de abordar diferentes os diferentes temas de música tradicional e músicas do mundo que soe pendurar Nelson Quinteiro do seu repertorio.

O resultado é un son evocador, limpo, moi elegante e bastante "nú", un concepto claro para unha nova formación que traza un novo horizonte para estes artistas.
Maneos, xotas, muiñeiras, pasodobles da música tradicional galega, pero tamén tangos, fados ou corridos levados a unha coordenada de abcisas moi orixinal. 

A presentación oficial desta formación, son e concepto está prevista para o vindeiro sábado 20 de febreiro ás 21:00 h, no Auditorio Municipal de Cangas, se ben irá acompañada de unha serie de concertos e intervencións paralelas no que será o inicio dunha campaña para darse a coñecer e ó mesmo tempo para reunir os fondos necesarios, ben dun xeito directo como tamén a través do micromecenazgo para que este traballo vexa a luz tamén dun xeito discográfico e audiovisual.

A idea destes primeiros concertos é presentar unha quincena de temas a proposta de Quinteiro nos que os aranxos e adaptación para piano corren da man de Brais González, os arranxos de percusión e lira a cargo de Blas Castañer e os arranxos vocais a cargo de Nelson Quinteiro. Tanto para o disco como para os directos contarán, como é habitual, con diferentes colaboradores musicais que, de momento, aínda son segredo de sumario.

O que está claro é que o obxectivo é espir as súas almas, os seus instrumentos e tamén os seus talentos de cara a presentar un completo "Projecto Nú".

Un concerto - crowdfunding

Un concerto no que as artistas só cobramos o mínimo para ir dados de alta na seguridade social e o resto dos beneficios adícanse a un proxecto.

Neste caso o proxecto é a gravación e edición, tanto discográfica coma audiovisual do disco "Projecto Nú", a nova proposta da man de Brais González (piano), Blas Castañer (percusión) e Nelson Quinteiro (voz) e que toma o relevo ao disco "Orquesta Gharbo!" deste último.

Entre as posibles entradas que poñemos á vosa disposición entran as seguintes posibilidades:

1) Butaca 0
2) Butaca 0 + disco "Projecto Nú" cando este vexa a luz
3) Entrada xeral
4) Entrada xeral + disco "Orquesta Gharbo!"
5) Entrada xeral + disco "Projecto Nú" cando este vexa a luz
Na seguinte ligazón poderedes adquirir as vosas entradas ao vindeiro concerto-crowdfunding de presentación de "Projecto Nú" do sábado 20 de febreiro no Auditorio de Cangas:

·          

 

Sábado, 20 de Febreiro
ás 21:00
Vindeira semana · 6—14° Sunny

·          

pin

Ver o mapa
Auditorio Cangas
Avenida de Lugo, 27, 36630 Cangas, Galicia, Spain

https://www.ticketea.com/entradas-concierto-projecto-nu-concerto-crowdfunding-auditorio-de-cangas/

BIOS
http://caspervek.com/index.php/caspervek/componentes2
http://gharbo.org/oartista.html
http://gharbo.org/oartistaCABARET.html

LIGAZÓNS DE INTERESE:
www.gharbo.org
http://caspervek.com/
www.braisgonzalez.com
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/03/01/brais-gonzalez-educacion-musical-espana-rigida-mata-creatividad/765845.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/02/05/disco-evoca-sensacions/0003_201402H5C6996.htm?idioma=galego
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2013/11/20/gharbo-estrena-cangas/917542.html

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.