Música, charlas e degustacións para gozar do Encontro Millo Corvo de Meiro

Cartaz do evento

A cita desenvolverase entre o venres e o domingo.
A Asociación Cultural de Meiro organiza un ano máis o Encontro Degustación do Millo Corvo, cita declarada de interese turístico e que se desenvolverá entre o venres e o domingo cunha ampla programación. O venres, nos Muíños do Canudo celebrarase a tradicional Muiñada, con queimada a partir das dez da noite. O sábado, ás once e media da mañá abrirase a Ecotaberna e tamén sairá un roteiro guiado por Carlos Sánchez, que tratará o tema de “plantas silvestres”. Unha hora máis tarde desenvolverase o obradoiro de elaboración de hamburguesas vexetais, a cargo de Aurora Calviño Costas, e ás dúas da tarde será a actuación do grupo tradicional Os Ghalos do Curral.
Ás cinco da tarde Damián e Diego Copena, da Delegación da Asociación Galega de Apicultura, impartirán unha charla e unha hora máis tarde será a presentación e degustación de produtos Monte Cabalar, que tamén acollerá unha charla impartida por Fuco Barreiro. Ás sete da tarde desenvolverase un obradoiro demostrativo sobre elaboración de queixo e tamén terá unha charla baixo o título “Leite cru, un xeito tradicional de elaboración, un novo camiño”, así como unha degustación dirixida por Ana I. Vence, do cooperativa Campo Capela. O sábado finalizará cunha cata de cervexas artesás por parte da empresa Faxilda e cunha actuación do grupo folk Quempallou.
O domingo ás doce do mediodía será a charla “Maiz, Millo Corvo, variedade Meiro e as súas subproductos. Fonte natural de compoñentes beneficiosos para a saúde”, impartida por Graza Patricia Blanch, doutora en Ciencias Químicas e investigadora do ICTAN. Ás dúas da tarde actuará o grupo de pandereteiras Axouxeiras e ás cinco da tarde será o Slow Foof Convivium Galicia “Xantar de Vagar” e terminará ás sete da tarde coa actuación de “Habelas Hainas”.Fonte// Morrazoaldía

Engadir novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.