O Auditorio acolle os martes as funcións do sétimo ciclo Citeamor

Momento para degustar o teatro afeccionado

Un momento da representación de Moito Morro

O ciclo de teatro afeccionado Citeamor, que organiza A Cepa, xa está en marcha. Onte inaugurouse a sétima edición coa estrea de "Es-ketches", de Moito Morro Teatro, e co pregón inaugural de Antón Lamapereira.
O ciclo de teatro afeccionado Citeamor levantou onte o pano no Auditorio de Cangas coa estrea de "Es-ketches", unha montaxe da compañía Moito Morro Teatro. Foi a primeira das dez funcións teatrais que seguirán durante as vindeiras semanas e na que compañías teatrais de todas as idades presentarán as súas máis recentes producións.

Subscribe to RSS - O Auditorio acolle os martes as funcións do sétimo ciclo Citeamor